miércoles, 23 de julio de 2014

A ÁREA DE MULLER DE ESQUERDA UNIDA CELEBROU UN COLOQUIO SOBRE A CONTRARREFORMA DA LEI DO ABORTO



O pasado día 17 de Xullo a Área comarcal de Muller de Esquerda Unida celebramos un coloquio sobre a Contrarreforma da Lei de Saúde Sexual e Reproductiva. Foi ás nove da tarde no Salón de Conferencias do Hotel Nueva Colina de Tomiño.

O acto, que se encadra dentro da campaña que estamos a realizar para advertir do recorte de dereitos que esta Contrarreforma supón para mulleres e profesionais, contou coa presenza de Isabel Blanco, xinecóloga no Servizo Galego de Saúde e Eva Solla, deputada no Parlamento de Galicia por Alternativa Galega de Esquerda.

Para Esquerda Unida é intolerable que o Goberno do Estado, reponsable do maior recorte de dereitos sociais da Historia recente, incluídos os dereitos da infancia, pretenda lexislar sobre o dereito individual de cada muller a decidir libremente sobre a súa maternidade.

Na súa intervención Eva Solla reclacou que "non podemos tolerar esta inxerencia na nosa liberdade. Trátase dunha cuestión de Dereitos Humanos, xa que, coma apunta a Organización Mundial da Saúde, a restricción do acceso ao aborto legal e seguro non reduce o número de abortos, se non que aumenta o número de abortos realizados en condicións inseguras".

Así mesmo, Solla fixo un repaso polos argumentos que o Partido Popular esgrime para defender dita Contrarreforma, lembrando que non existe reclamo social : " Todo o contrario: As mulleres estamos en contra e as profesionais tamén. Pero ademáis o PP nunca respetou o consenso ao que apela, recurrindo incluso, a Lei do ano 85 perante os tribunais"

Pola súa banda Isabel Blanco expuso a evolución da Interrupción Voluntaria do Embarazo na nosa Sanidade e lembrou que " A Lei actual non obriga ás mulleres a abortar, retirala obrigaría a dar luz. Pedimos que se respete a liberdade da muller"

Esquerda Unida defende a Educación Sexual e a necesidade dun acceso igualitario aos métodos anticonceptivos para todas as mulleres, así coma o libre dereito a un aborto legal e seguro na Sanidade Pública, fora tamén do Código Penal para mulleres e profesionais sanitarios e sanitarias.





martes, 28 de mayo de 2013

A ÁREA DA MULLER DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA UNHA ATENCIÓN SANITARIA PÚBLICA E DE CALIDADE PARA AS MULLERES, INCLUÍNDO O DEREITO AO ABORTO

No 28 de Maio,  día Internacional de Acción pola saúde das mulleres, a Área de Muller de Esquerda Unida da Comarca de Vigo únese ás reivindicacións da Rede mundial de mulleres polos dereitos reproductivos, recordando que millóns de mulleres no mundo non teñen acceso a servicios de saúde reproductiva o cal supón unha violación sistemática dos dereitos humáns. Dende a Área de Muller de Esquerda Unida queremos lembrar que no noso País os recortes en Sanidade e as estratexias privatizadoras da sanidade pública terán vítimas, e suporán tamén unha degradación na calidade da asistencia nos aspectos relacionados coa saúde reproductiva e sexual que afecta específicamente ás mulleres.

Neste día Internacional de Acción pola saúde das mulleres, dende a área de muller de Esquerda Unida queremos denunciar  os recortes na Área  sanitaria de Vigo, onde mentres as listas de espera non paran de aumentar, o SERGAS decidiu o peche da planta de xinecoloxía do Hospital Xeral  durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro.  A lista de espera estructural de xinecoloxía no CHUVI ten aumentado de 49.8 aos 63.4 días de media, indicando unha demanda que fai inxustificable o peche desta planta durante tres meses.


Así mesmo, neste 28 de Maio queremos recordarlle ao Ministro de Xustiza Alberto Ruíz Gallardón e ao goberno do Partido Popular que non se defende a vida recortando dereitos e que, segundo a OMS, preto de 47.000 mulleres  morren anualmente no mundo por abortos inseguros realizados de xeito clandestino, debido á imposibilidade de acceso aos servicios de aborto seguro e legal, e á negación  da autonomía das mulleres sobre os seus corpos e as súas vidas. Dende Esquerda Unida rexeitamos a contrarreforma da lei do aborto que prevé impulsar o Goberno  e esiximos a aplicación efectiva dos nosos dereitos sexuais e reproductivos. Por iso, defendemos o dereito inalienable das mulleres a decidir e a que as institucións públicas garantan as condicións para que este dereito fágase efectivo  e demandamos políticas integrais en materia de educación sexual que doten de ferramentas á poboación máis nova para que poidan decidir consecuentemente sobre as súa sexualidade e as súas vidas.

martes, 16 de octubre de 2012

FORO ABERTO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA E AS MULLERES

Mañá, 17 de Outubro celebrarase ás 11:00 horas no Marco un Foro Aberto de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) con mulleres e representantes de colectivos sociais coa finalidade de intercambiar opinións e elaborar propostas no eido da igualdade, participarán as candidatas de AGE pola provincia de Pontevedra: Chelo Rodríguez, Eva Solla e Loli Tobio.
 

CONCENTRACIÓN-ACCIÓN: " A DÉBEDA DOS GOBERNOS E COAS MULLERES, NON COA BANCA"

Dende a Área de Muller de Esquerda Unida da comarca de Vigo apoiamos e nos sumamos á concentración da Marcha Mundial das Mulleres no día Internacional contra a Pobreza, o vindeiro 17 de Outubro ás 18:00 horas diante do Marco.

Mércores 17 de Outubro

Vigo, diante do Marco

18.00h

Concentración!!
 
 

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Dende a área de Muller de Esquerda Unida da comarca de Vigo sumamosnos e apoiamos a manifestación organizada pola Marcha Mundial das Mulleres o vindeiro venres, 28 de Setembro  xa que consideramos que os intentos de acabar cos avances conseguidos polo feminismo non son máis que outra mostra do capitalismo salvaxe, sistema sustentado nas desigualdades sociais.
 
Invitámosvos a participar a todos @s que poidades
 
 
Este 28 de Setembro a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres quere facer un chamamento a participar da manifestación que terá lugar en Vigo ás 20.00h e que percorrerá a cidade dende a praza da Farola de Urzaiz ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Manifestación convocada pola suma de forzas do movemento feminista da Galiza en coordenación co movemento estatal.

A Marcha Mundial ven realizando durante os meses de Agosto e Setembro convocatorias de concentracións todos os martes ás 20.30h como parte dunha campaña de resposta na rúa ás ameazas do goberno do Partido Popular que quere modificar a actual lei do aborto para retroceder nos dereitos das mulleres. Dende a Marcha chamamos a participar nesta manifestación do 28 de setembro como punto de chegada desta campaña de resposta na rúa e punto de partida para as accións que desenvolveremos dentro da Campaña Europea que comezará o 4 de Outubro de forma simultánea en máis de 10 países europeos.

Sumemos esforzos para loitar polos nosos dereitos, este 28 de setembro o feminismo na Galiza liderando a loita polos dereitos das mulleres no noso país partilla convocatoria con todas aquelas mulleres que no estado español, e no mundo, sairán ás rúas para defender o noso #dereitoadecidir e o #abortolibre.
 
Venres 28 de setembro
Vigo, dende a Farola de Urzáiz
20.00h
Manifestación!!
 
 

ACUDE E DIFUNDE!!!

martes, 25 de septiembre de 2012

DÍA MUNDIAL CONTRA A TRATA DE PERSOAS CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL

O pasado 23 de setembro foi o Día Mundial contra a Trata de Persoas con fins de explotación sexuais, dende Esquerda Unida coma organización que posicionase en contra da legalización da prostitución e a favor da súa abolición, cremos que é necesaria unha maior sensibilización e información sobre a Trata de Persoas, xa que é o primeiro eslabón da cadea do negocio da prostitución.
 
A Trata de persoas é a forma de escravitude maís preto da cidadanía e que nembargantes, resulta invisible: en concreto a trata con fins de explotación sexual que afecta a miles de mulleres e nenas no Estado Español.

 ¿Qué é a trata con fins de explotación sexual? A captación, o transporte, o traslado, ou a recepción de mulleres (o 98 % das victimas son mulleres) por medio de ameazas, do uso da forza ou outras formas de coacción, do rapto, do fraude, do engano, do abuso de poder ou dunha situación de vulnerabilidade, ou pola concesión ou recepción de pagos ou beneficios para obter o consentemento, coa finalidade da explotación da prostitución ou outras formas de explotación sexual.
 
Preto de 100.000 de mulleres e nenas entran cada ano nos países da UE como victimas de trata con fins de explotación sexual. O Estado Español é un dos principais países de tránsito e de destino en Europa. Aínda que se descoñece a magnitude real do problema

no noso país, a maioría das sús victimas son mulleres xoves (entre 18 e 25 anos) con orixen en Brasil, Bulgaria, Colombia, Ecuador, Nigeria, Ucraina, Rusia, Rumania ou Senegal.

Estas mulleres son reclutadas nas zonas máis pobres dos países máis pobres do mundo con falsas ofertas de traballo ou por medio de axencias matroniais, o que pon de manifesto unha vez máis a feminización da pobreza.

Esquerda Unida cree necesario enmarcar a trata con fins de explotación sexual entre as máis atroces violacións dos dereitos humáns e lembra a importancia de identificar as victimas de trata e diferencialas das mulleres inmigrantes en situación irregular. 

Ademais lembra a importancia de traballar no ámbito da prevención, actuando nas raíces da trata: a demanda masculina de servizos sexuais comerciais e a feminización da pobreza e a escasez de oportunidades dunha vida digna para millóns de mulleres no mundo. Para isto compre realizar políticas educativas sexuais-afectivas que incidan en raíces culturais da demanda masculina de prostitución e promova relacións afectivas e sexuais maís libres entre homes e mulleres, así coma unha politíca de cooperación ao desenvolvemento eficaz e permanente cós países de orixe das victimas.

Achégase link a un artigo de Mujeres en Red que explica porqué celebrase o 23 de setembro o Día Mundial contra a trata de persoas e a explotación sexual.

http://www.mujeresenred.net/spip.php?article2009